LABREGOS DE TERRA ADENTRO.


Asi  fixo do seu corpo miúdo
de muller espida
bandallo de campá
cousa sen vida
que chama por nos  alende dos silencios esquecidos
dos tempos mornos.
Rebulindo no enxido,
nas leiras condenadaa á sueira
ó esforzo do traballo malparido
ca besta de cárrega
padece o cansanzo do fastio
e da miseria e sufre polos fillos
en fame consumidos de dia en dia.
E xa nin sequera chora bágaos quentes
de miseria e sangue
porque sinte que non paga a pena.
Levanta os ollos e busca novas terras
no pais dos soños
nos ceos negros de tizòn
e berra o puño en alto
¡¡¡maldita sexa.¡¡¡¡ , coma si nada.
O home entre tanto ollla as mulleres da casa
ateigado de millo a brazados
que han de encher o celeiro
de pinocas despois do esfollado
deixando no horreo os corbellóns
e a molenda por facer  fariña
no que agachar a fame dos corpos
e a amargura agrea  da miseria.
Soños de labregos
pobre xente nesta terra ingrata e dura
terra de furnas, de lamas e traballo
osos en cinza ateigados
de xente malparida e abandonada 
no baleiro ruin do vento nordés
que arrastra as bágoas,
coma as folliñas marelas dos castiñeiros
no outono desta vida que vendemos.   



---AS FOTOS DE TOM VAN VILET, foron tomadas en Agolada nos anos sesenta do seculo pasado.

Comentarios

Entradas populares